martes, 26 de noviembre de 2013

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 N Día da non violencia de xénero

Hoxe foi o día internacional contra a violencia de xénero.

 No cole tivemos un momento para reflexionar sobre iso.


3ºC co lazo violeta:





Podedes ver e ler o conto de Arturo y Clementina no seguinte enlace:
http://www.slideshare.net/pilarguerrero/arturo-y-clementina-10358261


viernes, 22 de noviembre de 2013

sábado, 9 de noviembre de 2013

As nosas rodas dos alimentos

Entre todos e todas fixemos unha roda dos alimentos
que quedou moi ben 
e que adorna o noso taboleiro da aula. 

No grupo 1 colocamos os hidratos de carbono: arroz, pasta, pan, cereais, legumes, patacas, bolos...
No grupo 2 colocamos as graxas: aceite, touciño entrefebrado...
No grupo 3 colocamos as proteínas: carne de terneira, de cerdo, polo, peixe, ovos, legumes...
No grupo 4 colocamos os productos lácteos, que nos dan proteínas e calcio: leite, queixo, iogures...
No grupo 5 colocamos as verduras que nos dan vitaminas e minerais: pementos, cenoiras, xudías...
No grupo 6 colocamos as froitas que nos dan vitaminas e minerais: laranxas, mazás, limóns, peras...
E no centro da roda colocamos a auga (que debería estar acompañada de exercicio físico).

Este é o resultado:



3ºA




3ºC



miércoles, 6 de noviembre de 2013

Os alimentos e nutrientes

Se queredes comprobar se sabedes dos nutrientes que conteñen os alimentos
 ou saber máis sobre este tema, 
déixovos un enlace no que poder comprobalo. 
Boa sorte!!!




Dádelle á imaxe da roda dos alimentos para poder xogar





lunes, 4 de noviembre de 2013

A celebración do magosto no colexio

Aquí vos deixo unha pequena mostra de fotos
 do día no que celebramos o magosto e o samaín no colexio. 




Esta foi a nosa exposición de cabazas dos nenos e nenas de primaria. Atopades a vosa?


Estes foron os esqueletes que adornaron a clase de 3ºC durante a semana do Samaín




E aquí comendo as castañas e os zumes:








Pero como non podia ser menos, tamén nós adornamos as clases cunhas castañeiras moi graciosas



Tamén houbo xogos. Vai unha mostra deles.