sábado, 21 de diciembre de 2013

Bo Nadal!


E chegou o Nadal!!!
FELICES FESTAS A TODAS E TODOS
Disfrutade das vacacións, aínda que non esquezades repasar un pouquiño o traballado e ler moito.


E agora toca xogar un pouquiño:

E tamén cantar:




O gato fantasma


O venres 20 de decembro veu a facer unha visita ao colexio o escritor Xelís de Toro
 para falar con nós do seu libro " O gato fantasma" que liramos na aula.








O apalpador

O mércores, 18 de decembro, recibimos a visita dun personaxe mítico que vive nas Serras do Courel, na provincia de Lugo; é o Apalpador, que polo Nadal baixa a traerlle castañas asadas aos nenos cando están durmidos e despois apálpalle as barriguiñas para comprobar se comeron ben.
Anxo Moure é un escritor e contacontos. Ademais fai o personaxe de Apalpador.
Cando entrou no noso salón de actos, o primeiro que fixo foi facernos unha proba: 
tiñamos que responder a unhas preguntas:
-Sodes os que queiman os bosques? - Nooon!!!
-Sodes os que ensucian con lixo os ríos e os bosques? - Nooon!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantanto esta canción:
Apalpa barrigas son,
apalpo barrigas coa miña man
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
E co seu cabaliño nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e demos gracias aos carballos, sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslle apertas ás árbores e rematamos escoitando a música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira. O seu son é moi alegre. Gardamos a música nos petos, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fará rir.

Así foi... todo tan divertido.















jueves, 12 de diciembre de 2013

As plantas


Se lle dades á seguinte imaxe tedes unha árbore que os ensinará moitas cousas sobre as plantas:



Tamén lle podes dar á seguinte ligazón para comprobar o que sabes 






FIXÁDEVOS. ESTA É A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS:


lunes, 2 de diciembre de 2013

Esqueletes multicolor

Xa van aparecendo uns esqueletes moi simpáticos na aula de 3ºA. 
Moito traballan estes nenos e nenas!

Velaquí os tedes: