Anxo Moure é un escritor e contacontos. Ademais fai o personaxe de Apalpador.
Cando entrou no noso salón de actos, o primeiro que fixo foi facernos unha proba:
tiñamos que responder a unhas preguntas:
-Sodes os que queiman os bosques? - Nooon!!!
-Sodes os que ensucian con lixo os ríos e os bosques? - Nooon!!!
Entón xa podiamos ser todos Apalpadores cantanto esta canción:
Apalpa barrigas son,
apalpo barrigas coa miña man
e traio castañas asadas
aos nenos e nenas que comen san.
Todos xuntos dixemos que non a moitas chuches e si aos bocadiños e a comida sana.
Despois ensinounos a mirar o mundo a través das árbores.
E co seu cabaliño nos transportamos ás Serras do Courel.
Alí respiramos o aire puro da natureza e demos gracias aos carballos, sobreiras, bidueiros, buxos, acivros...
Logo démoslle apertas ás árbores e rematamos escoitando a música que saía da buxeira, unha frauta feita de buxo e pereira. O seu son é moi alegre. Gardamos a música nos petos, e se a escoitamos cando estamos tristes enseguida nos fará rir.
Así foi... todo tan divertido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario